jueves, 14 de enero de 2010

Títulos interesantes para o noso salpicón!











Os videos na rede

A exposción de Xandra, Iván e Rosa tratou un tema interesante en auxe e do que participamos todos.

Foi interesante certos aspectos comentados na exposición como amosar a maneira de subir videos en diversos portais. Sobre todo foi interesante exemplificiar o de dreamweaver polo que nos incumbe a todos a hora de realizar a nosa páxina web.
Foi interesante comentar ese movemento do que falaba anterioremente. Hoxe en día todos somos capaces de subir videos a rede ou mesmo de contribuir na distribución doutros dos que fumos incialmente receptores.

Como puntos negativos os marisqueadores consideramos que houbo unha falta de eximplificación que houbera feito máis amena a exposición.
Ao ser un tema tan de actualidade e xugoso cremos que puidestes indagar máis no tema da piratería, da privación da liberdade ou mesmo da polémica xerada pola lei que se pretende implantar na rede!!!!!

Un saúdo dende a outra ría!!! :)

miércoles, 13 de enero de 2010

Logotipos

O traballo dos logotipos volve a estar moi relacionado con todo o que falaramos no comentario sobre o grafismo en televisión e sobre o noso propio traballo arredor dos títulos de crédito. A diferenza está en que os logotipos son a imaxe de marca, non dunha cadea de televisión, nin dunha película, senón dun produto comercial, un produto pensado para satisface-las necesidades do seu usuario, nun sentido moito máis relacionado co consumo. É dicir, que o equipo de Salpicón de Marisco vemos o tema dos logotipos como o máis relacionado coa Publicidade dos tres anteriormente nomeados.

Resulta curioso, como nos amosaron as nosas compañeiras, recoñecer ata qué punto temos interiorizado a imaxe de marca dalgúns produtos. Neste sentido, o equipo de Salpicón de Marisco pensamos que ben se podería levar a cabo todo un traballo antropolóxico acerca disto. Mesmo na propia clase, poderiamos recoñecer que segundo o sexo, a idade, a procedencia... de cada un, terá interiorizadas unhas ou outras marcas.

O tema dos logotipos chega a tal extremo que todos seriamos quen de recoñecer certas marcas só con ver os colores que compoñen o seu logotipo, ou a tipografía das súas letras. Por exemplo, as de Coca-Cola ou Oreo son inconfundibles, e ningén dubidaría ao ver o "visto" de Nike.

Por último, só nos gustaría resaltar o interesantísima que nos pareceu a breve traxectoria histórica que fixeron as rapazas sobre os logotipos, analizando os posibles precedentes e a súa evolución.

Besiños marisqueiros!

As tres en punto e a súa Tipografía

A presentación das nosas compañeiras, resultou dinámica entretida e moi atractiva. Houbo unha gran variedade de recuros que contribuiron a amenidade da exposición, destacando a riqueza visual da mesma.

A relación entre a tipografía e o noso traballo dos títulos de crédito é moi estreita e resulta interesante o poder da grafía a hora de transmitir un concepto.

Destacouse no traballo o poder do grafismo e a forza que agocha o tipo de letra empregada en cada ocasión, o que transmiten ou o que pretenden transmitir. Porén é importante que exista coherencia entre a temática do traballo e o tipo de letra empregado.

Tamén se fixo fincapé na importancia, a hora de presentar os nosos traballos, do tipo de grafía así coma do fondo sobre o que esta se asenta. É aconsellábel fondos claros e letras de cores máis escuras para facilitar a lectura do usuario.

O espacio entre as letras e as liñas tamén teñen importancia a hora de expor os nosos traballos.

Polo tanto, a hora de elaborar a nosa páxina web, debemos ter en conta a coherencia do espazo coa tipografía, combinar maiúsculas con minúsculas, e distribuir o texto de tal maneira que non destaque demasiado unha parte sobre outra e facilite a navegación ao usuario.

As redes sociais

Ay, ay... As redes sociais... Iso non pasa no mar, amigos! Xa nos gustaría a nós poder contactar vía Tuenti coas almexas, cos berberechos, coas ostras... Falar por Facebook cos bacallaus... Os nosos mariñeiros non terían que navegar ata o Gran Sol, bastaría con navegar pola web e vía Twitter ou Fotolog deixar un comentario aos atúns e ás merluzas... Pero, qué clase de marisqueo virtual sería este?

Os nosos compañeiros abordaron o tema das redes sociais dunha maneira dende logo moi profesional. Abundaron os exemplos e as explicacións no propio momento, privilexio para algúns, porque como é sabido, só pode acceder ás redes sociais quen está rexistrado ou, mesmo nalgunhas quen é invitado.

Trala completa exposición dos nosos compañeiros, onde se analizaron toda clase de cuestións técnicas en relación coas redes sociais, como a accesibilidade, a privacidade, os criterios de uso... O equipo de Salpicón de Marisco só quere engadir unha reflexión acerca das implicacións a nivel psicolóxico e sociolóxico das redes sociais.

Hoxe en día suponse que vivimos no mundo da comunicación, pero a xente está cada vez máis illada e incomunicada. Mesmo en Xapón está xurdindo unha nova xeración de xente xoven que é quen de pasar varios meses encerrados na casa co seu ordenador, e continuar coa súa vida a través del. É a second life, a vida virtual, que te permite ser quen queiras ser, e vivir o que queiras vivir. Crear a túa propia careta, o teu propio personaxe, no sentido máis literal que se puido imaxinar xamais.

¿É isto sano? ¿Ata qué punto as relacións virtuais poden substituír ás relacións sociais? ¿Ata qué extremo chegará a moda das redes sociais? ¿Existirá o día no que non precisemos saír da casa para nada (traballar, facer a compra, ir a bailar, facer deporte... Non é tan descabellado, de feito todo isto xa se pode facer por internet, ou con consolas como a Wii, á súa vez con conexión a Internet?


Velaí vos deixamos esta reflexión berberechiños.

Grafismo en Televisión

O equipo de Salpicón de Marisco queremos falar sobre o traballo de grafismo en televisión.

As eleccións estéticas de cada cadea son para nós como as Rías ao Océano Atlántico, como as medusas ao Mar Mediterráneo, ou coma o sal ao Mar Morto. Pareceunos moi interesante a análise que se fixo do grafismo como creador de marca, como elemento identificativo de cada cadea e que lle permite diferenciarse do resto.

No espectacular e posmoderno vídeo de Jorge García puidemos contrastar de primeira man a labor do grafismo como identidade de marca. Ademáis, a importancia deste elemento non se reduce á súa mera aplicación na (detestada) mosca da cadena, senón que tamén se pode ver nas promos, nas cortinillas, nos cerres, nos sinfíns... (A todo isto, grazas rapaces por nominar a todos estes elementos tan coñecidos como difíciles de nomear)

Ao equipo de Salpicón de Marisco nos gustou especialmente este tema porque vemos moita relación co noso, que vai sobre os títulos de crédito. Seguindo coa analoxía marina coa que iniciabamos esta entrada, o función do grafismo en televisión é moi comparable á dos títulos de crédito para o cine. No mesmo caso, a súa función é a identificación do producto.

Sen embargo, existen algunhas diferenzas significativas:
-A importancia do grafismo na televisión é moito máis importante porque non se trata tanto dunha identificación de produto como de compañía, e en tanto o beneficio económico é potencialmente maior, a súa relevancia tamén o é.
-Aínda que co grafismo as cadeas pretendan crear a súa propia personalidade, éste vai cambiando, moi influído polas modas. Sen embargo, un bo deseñador de títulos de crédito ten que ter en conta as necesidades da seu produto por encima dos seus gustos ou das modas. Neste sentido McFetridge, deseñador dos títulos de crédito de "Adaptation", entre outros traballos, é un bo exemplo de deseñador ao servizo da súa película.
-O obxecto do grafismo é lixeiramente diferente do dos títulos de crédito. ¿Por que? Porque o grafismo ten que centrar a súa atención en diferenciar á sua cadea do resto, mentres que os títulos de crédito deben centrarse máis na identificación do propio produto, porque a masa de produtos restantes é inabarcable. Por iso, nos títulos de crédito podemos recoñecer inspiración noutras películas mentres que no grafismo calquera parecido se atribúe inmediatamente a un plaxio.

Poderíamos seguir diferenciando estes dous traballos en principio tan relacionados, pero entón teriamos que suprimir a nosa exposición. Así que, xa sabedes, para saber máis vémonos hoxe ás 13.30 na Aula 7.

Xa estamos de volta!!

Salpicón de Marisco sufriu unha forte salmonelose que vos impediu comentar durante todo este tempo na nosa páxina, pero despois do merecido descanso de Nadal...

Volvemos máis sans e fortes ca nunca!!!

Dúbidas

Os mariscadores amosámonos preocupados -como se estivésemos fronte un centolo coas tenazas abertas- na procura de que se resolvan as nosas dúbidas. Necesitamos axuda, así pois lancemos ao espazo virtual as cuestións sen máis dilación:

1. ¿Qué diferenza existe en canto a funcionalidade entre un mapa de bits e as imaxes vectoriais?

2. Sempre escoitamos falar do linguaxe HTML, de feito está presente en tódolos documentos. A cuestión é a seguinte ¿é imprescindible utilizar esta linguaxe para a elaboración da páxina Web?

3. Se a nosa páxina ten que cargar rápido, ¿Cal é a maneira máis sinxela de conseguilo?

4. ¿Cómo podemos insertar un mapa da aplicación google maps na nosa propia páxina?

5. ¿Qué é un arquivo externo de CCS ou folla de estilo CSS?

6. ¿Cómo podemos insertar un buscador interno na nosa páxina? ¿Cómo preparala para a optimización de procura?

7. ¿Qué é un script?

8. ¿En que formato utilizaremos as nosas imaxes? ¿Cal é o máis útil, sinxelo e habitual?

Esperamos que podades contribuír coas vosas aportacións ao noso aprendizaxe. Marisqueanos co teu coñecemento.

Os créditos contan, e moito...

Boas Marisqueir@s

O noso salpicón, seguindo a filosofía que o caracteriza, na súa ardua labor de recoller de todo o mellor un chisco tropezou na súa loita mariñeira cos desatendidos titulos de credito nos films.
Por iso, decidimos desenvolver este tema diante de vos, compañeiros de ría!!

Abordaremos básicamente o seguinte:

1.-Breve introducción aos títulos de crédito
2.-A historia dos títulos de crédito. Evolución.
3.-Tiploloxia dos títulos de crédito.
4.-Aspectos que influen na elaboración dos títulos de crédito.
3.-Análise pormenorizado dos títulos de crédito máis significativos ao longo da historia. (acompañado de imaxes ou videos dos diversos films comentados)

DEBATE:

A partir de diversas indagacións e entrevistas debatiremos acerca da importancia que se lle atinxe aos títulos de crédito hoxe en día. Cuestionarémonos que é o que fai que desvien o noso interese a relación que se mantén ou non con respecto a estética do filme e a necesidade da aparición explícita dos mesmos.

Compañeiros, ante todo dicir que si tendes calquera outra suxerencia estaremos encantados de escoitala e introducila no noso traballo.

Un saúdo percebes!!!

En busca do mellor marisco...

Tras barallar entre varias ideas, tentando sacar o mellor e o peor das mesmas finalmente este suculento grupo marisqueiro tomou unha decisión que pasamos agora a desenvolver:

A páxina web será a dun programa de telvisión estatal relacionado co tema da farándula, tentando establecer unha reciclaxe neste tipo de programas basura coa revolución no mundo do cotilleo

O noso obxetivo principal é a creación dunha páxina web atractiva, accesible que conste dun menú sinxelo pero interesante e dunha ampla gama de contidos propios. Un espazo televisivo que atenda aos intereses básicos e satisfaga as necesidades e peticións dos nosos usuarios potenciais.

Como idea secundaria está a de crear unha nova tendencia no deseño das páxinas web no sector dos programas de entreteñemento posto que a maioría están vinculadas a canle na que se emiten tendo graves problemas de accesibilidade e deseño.

A nosa idea básica e a creación dun espazo web no que se revolucione o mundo do corazón creando seccións nas que se atopen tanto os roles de xente máis coñecida coma doutra máis próxima a nós que non o é tanto. Unha caricaturización ao mundo da prensa rosa, sin límites a hora de indagar nas vidas alleas.

O formato contará con cores que chamen a atención, unha estética colorista. A páxina contará de videos propios (programas piloto) que amosarán noticias, entrevistas e debates.
Insertaremos publicidade falsa música relacionada co programa así como algunha que outra sorpresa engadida .

A hora de plantexarnos o público obxetivo, como queremos dar un cambio importante ó feito ata agora centrarémonos na poboación de curta e mediana idade, concretamente entre os 14 e os 40 anos. A nosa páxina está especialmente dedicada para estudantes e traballadores habituado o uso de internet que non teñen a posibilidade de acceder en directo ao programa en cuestión.

A encher o preseiro!!!

Queridos compañeiros de ría:

Supoño que vos estaredes estruxando os miolos co fin de atopar unha idea coa suficiente calidade como para formar parte do noso particular salpicón. Estoume a referir ao proxecto da páxina web e aínda que nos vemos decotío, queridos marisqueiros, que mellor que aproveitar esta bitácora para encher este preseiro do que se nos ocurra.

Pois iso, comeza a loita (intelectual, claro está), comeza a treboada cerebral e.......que gañe a mellor idea!!!!!

Crítica marisqueira

RADIOACTIVOS

O mellor:
Acerto no deseño e nas cores empregadas.
Indice de navegación moi ben estruturado.

O peor:
Abuso de enlaces. Falta de contido propio.
Mal aproveitamento do espazo: todo está comprimido nunha parte da páxina.

QUE TE QUERO

O mellor:
Moi atractiva visualmente: apréciase unha importante carga de traballo no deseño.
Contidos suxerentes: posibilidade de certa interacción (tests)

O peor:
Atendendo ó estilo da páxina a interación podería ser maior, facendo a páxina máis dinámica.


TUTTI FRUTTI

O mellor:
Índicie de navegación moi claro e completo.
Moito contido propio.

O peor:
Falta de homoxeneidade no deseño: as fontes e as cores semellan escollidas ó chou.
Poderíanse ter lucido no videoclip, e non o fixeron.
Como sucedía en Radioactivos, observamos de novo un mal aproveitamento do espazo.

KEN AND THE DOLLS

O mellor:
A unha idea común soubéronlle sacar moito partido: teñen moitos contidos e moi completos, vese que hai moito traballo detrás deste proxecto (fotografías, cancións, videoclips... todo feito por eles mesmos)
Coidan cada detalle facendo unha páxina moi verosímil e moi crible.

O peor:
Quedamos con ganas de máis videoclips e a espera dun novo disco.

ZAPA

O mellor:
Espectacular presentación da páxina.
Deseño moi acorde cos contidos.
Páxina moi verosímil: non parece un proxecto de clase, máis ben a verdadeira páxina dun cantautor.
Moita interactividade: permite descargar gran cantidade de contidos.

O peor:
Para nós, o peor da páxina é o feito de ter que mellorala co noso proxecto.

ARTESALA

O mellor:
Introducción moi longa.
Contidos traballados e orixinais.

O peor:
Erros no deseño, por exemplo, as letras da música non aparecen encadradas.
Idea pouco atractiva.

MINIMALAB

O mellor:
Deseño acorde co contido da páxina, cun aspecto moi profesional.
Idea orixinal, diferenciada ó resto de proxectos.


O peor:
Escasez de contidos pese a ese manimalismo central da páxina.


OITENTEIROS

O mellor:
Bo traballo de documentación nos contidos, son moi vairados e completos.
Idea atractiva, dirixida a xente nova: todos nos sentimos indentificados.
O video de presentación é xenial.

O peor:
A música tarda en cargar.
O deseño está pouco elaborado.

AO LÍMITE

O mellor:
Bo emprego do espazo .
Utilidade dos contidos ofrecidos: Becas, ETT`S

O peor:
O deseño é pouco homoxéneo. Semella que hai pouco traballo neste senso.

GUIONIZA

O mellor:
Contidos atractivos e links interesantes

O peor:
Deseño demasiado sobrio.


WONDERFUL 5

O mellor:
Idea moi orixinal.
Presentación atractiva


O peor:
Pouco proveitamento da idea pese a súa orixinalidade.

Comezamos co vermú...


Benvidos, amantes do bon, a este blog, onde cada día tentaremos saciar a vosa gula da mellor información. Coma no salpicón de marisco, mesturaremos un chisco do mellor de cada casa, para que non quededes con lareca de máis coñecemento.

Coma nas mellores enchentes, comezamos co vermú, para abrirvos o apetito e as ganas de visitarnos. Esperamos deixarvos con esta benvida un bon sabor de boca e ganas de probar os entrantes.

Continuará...