miércoles, 13 de enero de 2010

As tres en punto e a súa Tipografía

A presentación das nosas compañeiras, resultou dinámica entretida e moi atractiva. Houbo unha gran variedade de recuros que contribuiron a amenidade da exposición, destacando a riqueza visual da mesma.

A relación entre a tipografía e o noso traballo dos títulos de crédito é moi estreita e resulta interesante o poder da grafía a hora de transmitir un concepto.

Destacouse no traballo o poder do grafismo e a forza que agocha o tipo de letra empregada en cada ocasión, o que transmiten ou o que pretenden transmitir. Porén é importante que exista coherencia entre a temática do traballo e o tipo de letra empregado.

Tamén se fixo fincapé na importancia, a hora de presentar os nosos traballos, do tipo de grafía así coma do fondo sobre o que esta se asenta. É aconsellábel fondos claros e letras de cores máis escuras para facilitar a lectura do usuario.

O espacio entre as letras e as liñas tamén teñen importancia a hora de expor os nosos traballos.

Polo tanto, a hora de elaborar a nosa páxina web, debemos ter en conta a coherencia do espazo coa tipografía, combinar maiúsculas con minúsculas, e distribuir o texto de tal maneira que non destaque demasiado unha parte sobre outra e facilite a navegación ao usuario.

1 comentario: