miércoles, 13 de enero de 2010

As redes sociais

Ay, ay... As redes sociais... Iso non pasa no mar, amigos! Xa nos gustaría a nós poder contactar vía Tuenti coas almexas, cos berberechos, coas ostras... Falar por Facebook cos bacallaus... Os nosos mariñeiros non terían que navegar ata o Gran Sol, bastaría con navegar pola web e vía Twitter ou Fotolog deixar un comentario aos atúns e ás merluzas... Pero, qué clase de marisqueo virtual sería este?

Os nosos compañeiros abordaron o tema das redes sociais dunha maneira dende logo moi profesional. Abundaron os exemplos e as explicacións no propio momento, privilexio para algúns, porque como é sabido, só pode acceder ás redes sociais quen está rexistrado ou, mesmo nalgunhas quen é invitado.

Trala completa exposición dos nosos compañeiros, onde se analizaron toda clase de cuestións técnicas en relación coas redes sociais, como a accesibilidade, a privacidade, os criterios de uso... O equipo de Salpicón de Marisco só quere engadir unha reflexión acerca das implicacións a nivel psicolóxico e sociolóxico das redes sociais.

Hoxe en día suponse que vivimos no mundo da comunicación, pero a xente está cada vez máis illada e incomunicada. Mesmo en Xapón está xurdindo unha nova xeración de xente xoven que é quen de pasar varios meses encerrados na casa co seu ordenador, e continuar coa súa vida a través del. É a second life, a vida virtual, que te permite ser quen queiras ser, e vivir o que queiras vivir. Crear a túa propia careta, o teu propio personaxe, no sentido máis literal que se puido imaxinar xamais.

¿É isto sano? ¿Ata qué punto as relacións virtuais poden substituír ás relacións sociais? ¿Ata qué extremo chegará a moda das redes sociais? ¿Existirá o día no que non precisemos saír da casa para nada (traballar, facer a compra, ir a bailar, facer deporte... Non é tan descabellado, de feito todo isto xa se pode facer por internet, ou con consolas como a Wii, á súa vez con conexión a Internet?


Velaí vos deixamos esta reflexión berberechiños.

No hay comentarios:

Publicar un comentario