O traballo dos logotipos volve a estar moi relacionado con todo o que falaramos no comentario sobre o grafismo en televisión e sobre o noso propio traballo arredor dos títulos de crédito. A diferenza está en que os logotipos son a imaxe de marca, non dunha cadea de televisión, nin dunha película, senón dun produto comercial, un produto pensado para satisface-las necesidades do seu usuario, nun sentido moito máis relacionado co consumo. É dicir, que o equipo de Salpicón de Marisco vemos o tema dos logotipos como o máis relacionado coa Publicidade dos tres anteriormente nomeados.
Resulta curioso, como nos amosaron as nosas compañeiras, recoñecer ata qué punto temos interiorizado a imaxe de marca dalgúns produtos. Neste sentido, o equipo de Salpicón de Marisco pensamos que ben se podería levar a cabo todo un traballo antropolóxico acerca disto. Mesmo na propia clase, poderiamos recoñecer que segundo o sexo, a idade, a procedencia... de cada un, terá interiorizadas unhas ou outras marcas.
O tema dos logotipos chega a tal extremo que todos seriamos quen de recoñecer certas marcas só con ver os colores que compoñen o seu logotipo, ou a tipografía das súas letras. Por exemplo, as de Coca-Cola ou Oreo son inconfundibles, e ningén dubidaría ao ver o "visto" de Nike.
Por último, só nos gustaría resaltar o interesantísima que nos pareceu a breve traxectoria histórica que fixeron as rapazas sobre os logotipos, analizando os posibles precedentes e a súa evolución.
Besiños marisqueiros!
Comentarios de webs de CAV's
Hace 14 años
No hay comentarios:
Publicar un comentario