sábado, 10 de abril de 2010

Animación nas Rías!

Sen dúbida, o toque de innovación plantexado polo grupo encargado de presentarnos este tema, é o primeiro que se debería destacar. Porén, as dificultades técnicas relacionadas co son suplíronse con creces ante unha exposición entretida e interesante. Este modo novidoso de realizar a presentación, obviamente capta a nosa atención e fai que nos fixemos máis detidamente no contido.

E é que a animación estanos a tocar moi de cerca, como xa comentaron as compañeiras. Estase a desenrolar a industria da animación en Galicia e, sen ir máis lonxe, un dos creadores do gran Pocoyó (o que tamén aparece na presentación) é galego.

Si hai algo que sacamos en claro deste traballo é a división en tres partes diferenciadas do mundo da animación: os debuxos animados tradicionais, a animación en 3D e a técnica do stop-motion.
E si hai que falar dunha figura que marcou o mundo da animación ese é, sen dúbida, Walt Disney. Foi quen de marcar o patron e preceder as grandes innovacións que se producirán ata os nosos días. Marcou a visión que hoxe temos dos personaxes dos contos clásicos (Cando pensamos en Brancaneves, por exemplo, o primeiro que se nos ven a cabeza é esa moza morena co seu vestido amarelo, vermello e azul. Pois ben, esta non é a "indumentaria oficial" que aparece no conto, pero si que é a de Disney e tamén é a que quedou na nosa memoria).

Dende esta parte da ría estamos moi interesados e abraiados pola técnica do stop-motion que se nos presentou ao final da exposición. Destaca por ser un traballo manual e moi personal ante a revoulución tecnolóxica que nos chega da man do 3D nos últimos anos, e ademáis polo exercicido de paciencia que require unha técnica como esta, coa que é evidente que se acadan resultados espectaculares (todos coñecemos os exemplos de Juan Pablo Echeverri).

Xa para finalizar dicir que persoalmente faltounos algún exemplo importante que revolucionou o mundo da animación como é o das grandes pelis de "Toy Story". Simplemente comentar como dúbida que a hora de falar na animación en Flash perdímonos un pouco (algo que non é de extrañar con ese programa!!).
En definitiva unha presentación amena, cun gran traballo de síntese!

Parabens Compañeiras!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario