Bueno compañeiros, velaí vai a miña crítica marisqueira sobre as vosas webs.
Ante todo, espero que ninguén se ofenda. Despois de todo, para gustos as cores, e o que vou escribir non é máis que a miña opinión personal, non ten maior trascendencia.
O de ir analizando unha por unha é un pouco rollo, así que intentarei ser o máis concisa posible.
Se tivera que dicir cáles foron as tres páxinas que máis me gustaron, a verdade e que despois de moito pensalo diría que Bang, Madreselva e Mastercavs (non necesariamente nesa orde). De Bang encántame o deseño, esa estética retro, moi coidada e moi coherente, tanto na súa estructura coma nos seus contidos. De Madreselva creo que hai que dicir que ten moito mérito que sexa unha páxina feita por unha sola persoa e ademas, polo que puiden ver trátase dunha empresa real, é dicir, que é un proxecto de verdade, que non se queda no mero exercicio da clase, e iso é xenial. Os de Mastercav merecen un aplauso, non só pola complicadísima labor de documentación e organización que levaron a cabo, senón tamén por coidar a estética ata o punto de que cada unha das nosas seccións teña unha estética adecuada a cada un de nos. Compañeiras, felicidades :)
Agora tratarei de expor moi brevemente algunhas ideas sobre o resto de páxinas:
-Frikisports: gústame o loader do principio, é bonito e rápido e unha boa maneira de entreter mentres cargan os moitísimos vídeos que contén a páxina. En canto ao deseño, tal vez recorde demasiado a un blog
-Bang: das miñas favoritas, moito contido producido ex profeso, estética de novela de detectives, tráiler impresionante :)
-Revolucine: os problemas de cousas movidas de sitio seguro que son culpa do dreamweaver :S é unha pena. O xogo é xenial, lembra aos contos interactivos de cando eramos nenos.
-Maldia: outra páxina das que me gustan, real, feita para un grupo que realmente existe. Contidos reais e estética coherente.
-As tres en punto: un verdadeiro escaparate das artistas, estética moi adaptada ás súas personalidades: doces, coidadosas e detallistas. Mola moito. É unha pena que non se poidan ver algúns contidos.
-Neoteristad: deseño moi elegante. É moi interesante que recollan traballos feitos por cavs doutras facultades e nolos amosen.
-As de corazóns: deseño caótico, coherente co estilo de páxina web de cotilleos. Moitísimo contido feito ex profeso.
-Madreselva: outra das que me gustan, deseño que lembra á natureza, detalles coidados, todo funciona, é rápida e non tarda en cargar.
-Chita Fan Club: estética chillona, coherente co tema da mona chita, todo funciona, contidos orixinais, graciosa.
-Deporte no es solo futbol: acerto enorme nos contidos, cobren un nicho pouco explotado, terían un público novo e moi específico que acodería a eles. O feedback estaría asegurado. Mola moito que atoparan deportes tan frikis. Sería xenial ver aos organizadores poñendo en práctica algúns deses deportes ;)
-Mequetrefes: o deseño é un tanto caótico, seguramente por culpa do Dreamweaver, cuxo modo de vista previa non é nada fiable. Tal vez teña demasiadas fontes, algo moi estético a simple vista (sobre todo tendo en conta a intención barroca)pero que dificulta moito a lectura.
-Se te va la olla: diseño dos anos 90, moi adolescente, adaptada ao seu público. Problemas de funcionalidade (que pasou coa sección de contactos? :S)
-Mastercavs: quítome o sombreiro, un aplauso para a labor de documentación das organizadoras. A páxina debería subirse a un servidor permanente porque fannos un favor a todos nós adxuntando os nosos currículos e traballos na facultade.
-SMBD: estética e funcionalidade moi adecuadas aos contidos. Base de datos moi útil e interesante para o público ao que vai dirixida.
-M.Gesteira: estética case determinada pola empresa que realiza o encargo, poderíaselle sacar moito máis partido ao mapa de comunidades. Tal vez os menús deberían entrar en movemento para que fora mais dinámica.
Bueno marisqueiros, velaquí as miñas críticas. Espero non ter ferido a sensibilidade de ningún percebe.
¡Que aproveite!
Olalla Gesteira Maquieira
Comentarios de webs de CAV's
Hace 14 años
Antes de dar paso ás calificacións, agradecervos o voso esforzo, o voso traballo e a vosa paciencia, aínda que sempre hai algunha persoa que destaca por todo o contrario.
ResponderEliminarEn liñas xerais, os proxectos esixíronvos ideas, tempo e considerables enfrontamentos cos programas. Por suposto, tamén aquí hai graos a pesar de que se supuña que eran traballos en equipos. Non todos os mebmros dos equipos responden da mesma maneira. Pero isto tamén se percebe.
Moitas grazas pola vosa colaboración, obrigatoria, eso sí, pero colaboración e interese demostrado, ó fin e o cabo.
En xeral, houbo dinamismo, creatividade e ganas de facelo ben.
Só desexo que podades cumprir metas e obxectivos.
marotlo
Ademáis dos comentarios sobre as páxinas dacordo cos criterios de Deseño, organización, funcionalidade e contidos,
ResponderEliminarhai que poñer NOTAS a cada proxecto e tamén ó propio.
marotlo
Non sei se nos verás practicando algún destes deportes, pero facendo o friki pódesnos ver en todo momento.
ResponderEliminarA variedade de contidos predomina na páxina web, pero o deseño das nosas ideas poden non ser as máis axeitadas. Aínda así, se temos que destacar algo da nosa web, aparte disto, sería a estructuración, porque o deseño podería ser mellor.
D. Antonio, O Recuncho dos Lacazáns
PREOCUPANOS QUE A PAXINA RESULTE CAOTICA POIS PERSEGUIMOS CON ELA O MELLOR PARA QUE O GRUPO MEQUETREFES POIDA OFRECER OS USUARIOS UN ACHEGAMENTO Á INFORMACIÓN SOBRE A COMPAÑIA DE TETARO.
ResponderEliminarPODE CONCRETAR?
UN SAUDO
PATRICIA COUCHEIRO
Podo concretar, podo. A simple vista, o deseño é caótico, e repito, como puxen arriba, que debe ser problema do Dreamweaver. As caixas de texto parecen colocadas aleatoriamente e os propios textos de dentro sáense dos marxes (volvoche repetir que iso adoita ser problema do dreamweaver, concretamente, do feito de traballar en dreamweaver directamente na vista previa. Eu por exemplo, o que fago é utilizar o dreamweaver sen vista previa, é dicir, que sólo programo, coma se fora un bloc de notas. Deste xeito todo é mais sinxelo, ou máis ben tanto como cho permita o teu coñecemento de programacion, pero máis seguro)
ResponderEliminarVese claro que o feito de que haxa diferentes fontes é por imaxe, como xa puxen arriba, da un aspecto moi barroco, pero se o obxectivo é achegar información como dis no comentario (eu pensaba que se trataba de imaxe de compañia, e para iso parecíame xenial o barroquismo) deberías escoller un tipo de letra máis lexible.
Espero que agora me explicara mellor, senon so tes que dicirmo e tratarei de ser máis explícita :)
Gracias por ler a miña evaluacion!
Olalla Gesteira Maquieira