lunes, 19 de abril de 2010

Sen pelos na lingua!

Aqui vos deixamos a parte dun dos videos da nosa páxina dos cotilleos. Asi dámoslle unha pouca de cor a este mar de críticas

8 comentarios:

  1. Grazas polo esforzo. Faltan nalgún caso as puntuacións e noutro os nomes dos proxectos, non creo que fose tan cansado identificar os traballos.
    neste caso tamén esquecimos o esquema proposto. Sen relevancia
    grazas
    marotlo

    ResponderEliminar
  2. Grazas por participar, obrigatoriamente. Traballastades. As gotas de suor aínda se ven en zonas da AI6. Non sei si Fran se sintirá moi representado, pero houbo entusiasmo e ganas de facer cousas. Eso sí, uns máis ca outros (perdón polo galego). É algo que sabedes perfectamente, pero foi, en xeral, unha promoción boa, ó igual que os vosos compañeiros do curso anterior. Así que estivo ben mentres durou. Felicidades a todos e todas e agardo ver os vosos nomes, nun futuro non moi lonxano, entre oropeis de fama e de cartos.
    Agora o lado práctico. Como pechades unha etapa, admitín a trámite as vosas valoracións, así que a nota é a que vos decidistesdes co esforzo de revisar e avaliar cada web.
    Sumei todas as notas por proxecto e dividin por 43, número total de persoas implicadas no proceso.
    Polo tanto, a nota de As de Corazóns é 7,6.
    marotlo

    ResponderEliminar
  3. Grazas por participar, obrigatoriamente. Traballastades. As gotas de suor aínda se ven en zonas da AI6. Non sei si Fran se sintirá moi representado, pero houbo entusiasmo e ganas de facer cousas. Eso sí, uns máis ca outros (perdón polo galego). É algo que sabedes perfectamente, pero foi, en xeral, unha promoción boa, ó igual que os vosos compañeiros do curso anterior. Así que estivo ben mentres durou. Felicidades a todos e todas e agardo ver os vosos nomes, nun futuro non moi lonxano, entre oropeis de fama e de cartos.
    Agora o lado práctico. Como pechades unha etapa, admitín a trámite as vosas valoracións, así que a nota é a que vos decidistesdes co esforzo de revisar e avaliar cada web.
    Sumei todas as notas por proxecto e dividin por 43, número total de persoas implicadas no proceso.
    Polo tanto, a nota de M. Gesteira é 7.
    marotlo

    ResponderEliminar
  4. Perdón por non apuntar horario de revisión:
    - hoxe martes, de 18:00-20:30
    - xoves e venres de 12:30 a 14:00
    -- As notas, por suposto, son provisionais, xa que faltaba o tempo da revisión.
    -- Hai 2 equipos, Madreselva e Mequetrefes que van ter máis nota porque entregaron o manual de estilo.
    -- Falta a valoración das bitácoras que se incorporará á parte teórica
    marotlo

    ResponderEliminar
  5. As de corazóns:
    Deseño: rechamante, algo recargado. Na portada, desprazamento horizontal e no resto das páxinas. O xogo quedou ben.
    Funcionalidade: Hai enlaces que non funcionan e fotos que non se cargan. Confusión no sistema de navegación. A foto de paquirrín non vai a ningún sitio. O da Pantoja non se sabe en que sección está. Colaboradores, non hai enlace a portada, falta a imaxe de Olalla e o enlace non funciona. No sistema de navegación principal non aparece o apartado Colaboradores, só se pode ir desde a portada. E desde un colaborador non se pode ir ós outros. En cantudo, o vídeo non funciona. Non se sabe a que apartado pertence. O apartado de novas non está identificado en cada parte. Cando se chega a belen esteban e fraga hai un botón de seguinte e non vai. Non vai o enlace de “pillado”. Tampouco hai sistema de navegación en Entrevistas. As fotos non se ven. En videos, a entrevista da semana non se ve. En especial cav, non se ve o vídeo, e o sonido da radio non se pode deter, hai que oír obrigadamente os sons.
    Contido: Abundante aínda que precisaría algo máis de atención
    Organización: faise un pouco caótica. Precisaría unha reestruturación

    ResponderEliminar
  6. M. Gesteira:
    Deseño: Orixinal e atraínte. Moi coidada, clara,comedida, imaxe de seriedade e tamén con certo aire moerno, actual. Sen embargo, non entendo ben o icono do logo non parece moi axeitado ó contido. Non sei se a ilustración é imposta pero escápase un pouco do obxectivo da empresa. Non sei se hai algunha razón determinante.
    Funcionalidade: Correcta. Todo funciona ben, os menús visibles, a idea de incluir na parte inferior o enderezo da empesa é moi útil. O logo enlaza coa páxina de inicio. Algún problema coas rutas, é un pouco enganoso o enlace de pontevedra que leva a contacto. Ou se busca un contido alternatio ou ben se non hai moito contido ou non está claro que se vai incorporar é mellor non facilitar a navegación para non decepcionar, como regra moi xeral.
    Contido: non demasiado, pero entra dentro das dificultades do propio proxecto
    Organización: Boa
    estupendo proxecto e traballo
    marotlo

    ResponderEliminar
  7. As notas definitivas inclúen
    Proxectos e axustes
    Manual estilo: 0,4
    Blogs (relación entre número de entradas, participación noutros blogs e resumos exposicións): 0,3, 0,4 ou 0,5
    Traballos teóricos e exposicións: 0,3 ou 0,5
    marotlo

    ResponderEliminar
  8. Temas que entran no exame (deixados na carpeta de traballo e sobre os que tiveron que realizar consultas nos blogs):
    cadrorecursosmultimedia; colorweb; consejosbuendiseno; deseno_web_xeral; evolucion_web2_0; facilidaduso-variantes_web; fasesproxecto; Guia_Breve_CSS; Guias_estilo; imaxes_web; origenes_animacion; tags_audiencias; tema2_proceso_traballo; tema4.linguaxes; tipografia_web; mapa_Web_2_0.
    marotlo

    ResponderEliminar