Os nosos compañeiros foron quen na súa exposición de sintetizar correctamente o tema a tratar non exento de polémica e de múltiples interpretacións.
Ben é certo que elexiron un tema interesante que pode dar moito xogo e os marisqueiro pensamos que o resolveron correctamente.
Era algo que xa sabíamos pero debemos ter presente que, como dixeron os nosos compañeiros, o retoque fotográfico é tan antigo como a fotografía mesma e que nos leva a reflexionar sobre o uso que se lle está a dar nos nosos días ao retoque fotográfico.
Hai certas propiedades da fotografía que si que vemos ben que se modifiquen para lograr unha imaxe con maior definición (sexa o ton, a saturación, o contraste....). Pero despois tamén está esa sobrexplotación que en ocasións se fai de programas como Photosho e que é, de sobra,coñecido por todos. Sobrexplotación que chega a marcar cánones de beleza e de estilo, mesmo chega a mentirnos sobre a realidade acadando a aparencia da mesma. Pero este é outro debate que non procede desenrolar nesta entrada.
Pola contra, non debemos esquecer a importancia que teñen si se lles fai, como con todo, un uso ético e moderado. É evidente que os avances que están a traer aos nosos ordenadores este tipo de softwares, permítenos crear imaxes que na realidade sería imposibles de ver, temos fotografías cuns efectos que non podemos crear simplemente coa nosa cámara.
Para concluir dicir, que o traballo serviunos para reflexionar sobre o uso da imaxe no audiovisual actual e a tónica actual do retoque fotográfico para facernos crer no que en realidade non existe.
Comentarios de webs de CAV's
Hace 14 años
No hay comentarios:
Publicar un comentario