lunes, 19 de abril de 2010

O marisco da tempada, por Estevo


Bueno, antes de nada felicitarvos a todos por ser quen de presentar unhas webs feitas con esforzo e con resultados, polo xeral, máis que decentes.
Aí van as miñas valoracións.

FRIKISPORTS
Si algo destaca desta web é a intro que te leva aos contidos da páxina de inicio, vese que está moi traballada e sorprende. O problema que lle vexo é que che fai crear unhas espectativas en canto ao deseño e a estética que non se manteñen, baixo a miña opinión, no resto da páxina. A mestura de tipografías fai que algúns menús non destaquen o suficiente e se perdan no fondo.
A navegación pola páxina é sinxela, os contidos están elaborados. Destacaria a creación do foro e do banner animado que te leva ao test

NOTA: 7

BANG
Encantoume, para que nos imos enganar. É a mostra de que con algo sinxelo pódese conseguir un resultado máis que decente.
A sobriedade de cores e no deseño encaixan perfectamente coa temática da páxina e co argumento da película que nos tratan de publicitar. É entretida. Os botçons en forma de pistola son xeniais, o único é que se me impedía ver o perfil de unha das actrices polo tamaño da foto, non sei si é problema meu o da páxina en sí.
Destacar tamén o trailer final!!! gran traballo compañeiros, esperemos que se comercialice a idea!

NOTA: 8.5

REVOLUCINE
A idea dos nosos compañeiros foi boísima e creo que a resolveron con nota. A posibilidade de interactuar na páxina é un punto ao seu favor.
A intro na que tes que cliquear para entrar a páxina de inicio non me disgusta pero tamén creo que se debe ter en conta as necesedidades do usuario que busca rápidez e quere os mínimos obstáculos para chegar aos contidos.
A funcionalidade da páxina está lograda, accédese fácilmente por todos os contidos.
Si algo flaquea, pode que sexa o deseño que non creo que esté de todo logrado, hai en ocasións nos que semella moi pobre con respcto a páxina de inicio.

NOTA: 7.5

MALDIA
Ao igual que sucedía con Bang, a sobriedade desta páxina resulta totalmente coherente co grupo do que se nos fala. Como me pasaba con Revolucine, non vexo necesaria a intro estática xa que penso que non é necesaria e simplemente sirve para restar tempo a hora de acceder aos contidos.
Destacar o traballo dos botóns de dos desplegábles dalguns menús.
Si hai algo que pediría, sería un pouco máis de contidos xa que as veces a páxina quédaso un pouco pobre. Polo demáis douvos os meus parabens!

NOTA: 8

AS TRES EN PUNTO
Que dicir destas tres artistazas que de sobra coñecemos todos.
Era obvio que vindo delas o deseño da páxina non nos ía deixar indiferentes. Impresionante a estética coidadísima, o deseño, esa delicadeza que e sofisticación que transmite tan acorde con elas.
Os contidos son estupendos e os videos non se quedan atrás. Gústame a presentación das fotos que empregastes dándolle un toque máis profesional. Semella un pequeno regalo que vos fixestes a vos mesmas e que vos quedou impresionante.
Ademáis a todo isto debo sumarlle a funcionalidade da páxina, porque toda esa estética marcada e coidade non dificulta o acceso pola mesma.
Meus máis sinceros parabens !!!! o sobresaliente para vos!

NOTA: 9.5

NEOSTERIDAD
O manexo desta páxina destaca pola súa sinxeleza. Baixo a miña opinión e como xa comentei noutras páxinas para min a intro non era necesaria porque non sabía moi ben onde pinchas e porque inmediatamente despois en vez de acceder directamente a páxina, ven un loader que pola contra si que me fixo máis gracia.
A idea é interesanto así como os contidos e a barra dos videos, pero botaría en falta algo que destacase na linealidade da páxina. Gústáronme moito os botóns de flash e o logo.

NOTA: 8

AS DE CORAZÓNS
Que dicir da túa propia web, é obivo que a miras cun cariño especial porque e froito do teu esforzo. Se hai algo que quixemos conseguir con As de Corazóns era frescura dinamismo e impacto visual. Queríamos que todos os contdos fosen propios e creo que iso quedou reflexado.
É obvio, como supoño que lle pasaría ao resto dos compañeiros, que tivemos moitas dificultades a hora de conseguir plasmar o que estaba na nosa mente pero ao final non estou nada descontento con traballo e creo que quedou unha páxina amena, divertida e atractiva.
Si que hai alguns erros de deseño, como pode ser a sección Especial Cav, que cecais esté un pouco desordeada, pero quixemos facer algo sinxelo dentro da sobrecarga que se presupón ao tratarse dunha web do corazóns.
Destacaría o esforzo que nos levaron os videos, e a sinxeleza pero gracia que ten o noso xoguiño!!

NOTA: 8.5

MADRESELVA
Cada vez alucino máis coa páxina. Ten un deseño coidade, un traballo de flash impresionante e esa frescura que ven tan ben para o tema que se trata. Sen dúbida é a páxina que destaca por riba de todas . Ten un acabado moi profesional.
Os contidos son moi completos e o manexo da páxina moi dinámico e sinxelo. Un proxecto coherente ao que non lle atopo peros.
Parabens Isaac!!!

NOTA:10

CHITA FAN CLUB
O de simpática non llo quita ninguén, pero en ocasións mesmo a mona chita pódese non encher unha páxina web, xa que pese as vivas cores (coherentes coa temática) e o gracioso do tema, penso que faltan contidos que enchan un pouco a web.
Os textos deberían estar xustificados, creo que fai falta algo que lle de dinamismo a páxina.

NOTA: 6.5

M.GESTEIRA
Innegable é, como sucedía con Madreselva, os esforzos que conleva crear unha páxina íntegramente en Flash.
Esta páxina é coherente coa imaxe da empresa e feita segundo as peticións da mesma, pode que esté un pouco falta de contidos que a fagan máis atractiva.
Destacaría os botons e as imaxes vectorizadas dos camións.

NOTA: 8

DEPORTE NO ES SOLO FÚTBOL
O deseño da páxina flaquea e é un tanto caótico, non creo que o emprego das cores sexa o máis axeitado para a temática da web. E é unha mágoa porque estructuralmente a páxina penso que está moi ben e o detalle dos xogos un logro.
O mapa é incrible, pero debería estar nunha subcategoría.

NOTA: 7

MEQUETREFES
Esta web cóstame especialmente comentala xa que, a pesar de non participar no seu deseño, son parte implicada ao formar parte da compañia de teatro Mequetrefes. Asi que son o que máis crítico pode ser de todos non?
En primer lugar doulle as gracias as miñas compañeiras por amosarme varias veces o deseño da páxina e ter en conta a miña opinión, algo que é de agradecer.
Creo que o deseño é orixinal e sofisticado, acorde coa idea que os tres temos do noso grupo. As cores son acertadas e os contidos completos. Destacaría os deplegables dos botóns que teñen moito traballo.
Persoalmente o logo, como xa vos dixera, non me acaba de convecer e, polo amor de dios! tiñamos fotos moito máis decentes como para ter que por esas non? para matarvos!
Meus parabens mequetrefas!

NOTA: 8.5

SE TE VA LA OLLA
A pesar de que os contidos e a temática non é que chame a miña atención, si que creo que as cores que tiñandes empregadas e a estética non ia de todo desencamiñada para lograr unha certa coherencia.
Pero a maioría dos enlaces non me funcionan e dificultan a vista de moitas das seccións, espero que se solucione ese problema.
Si que penso que é moi estática e que lle falta un certo dinamismo.

NOTA: 6

MASTERCAVS
Encántame o contido desta páxina, os videos, as fotos, todiño! parabens por iso. Encantoume o detalle da baralla de cartas, todo funciona moi ben.
Gústame esa estética alegre e colorista. Nótase que hai un gran traballo de recolección e tratamento dos contidos. A navegacións si que é verdade que en ocasións é un pouco confusa.
Polo demáis os meus parabens!

NOTA: 8

SMDb
É incrible con todas as letras. Menudo traballo de recopilación! Ademáis e sinxela no manexo pero moi eficaz. Impresionante o detalle da quija coas letras e da pantalliña que che vai amosando os videos de cada grupo no que premes.
Espectacular.

NOTA: 9.5

1 comentario:

  1. querido mequetrefe!
    o logo decidino eu por unanimidade., na reunion da cunta deste a no podes pedir a miña dimision.
    a verdade e que o logo preciaria un estudo moito mais pormnorizado e as fotos precisarian unha mallor meneira, tienes toda la razon, te la doi!

    Patricia coucheiro

    ResponderEliminar