Boas, desde a humilde opinión dun mariscador de ideas vou elaborar a miña lista de calidades das páxinas de cada grupo. Que ninguén se sinta ofendido pois nada disto é un tema persoal. Alí van:
Frikisports: Unha Web sobre curiosidades do deporte que me sorprendeu bastante. Contidos moi orixinais, unha portada co nome da páxina antes de entrar á principal que fai máis dinámica e vistos a páxina, algunha animación incorporada que leva moito traballo detrás, como pode ser a que nos leva a sección do concurso. Quizais o que menos me guste é o desenho dos menús e a tipografía empregada pero isto quédase na mera opinión persoal. Doulle un 7.5/9
Bang:Creo que en canto a coherencia de desenho é unha das webs que máis se aproximan a elección perfecta. Digo isto pola boa elección cromatica da páxina. Unha web adicada a unha película de cine negro non podía ter sonon como base o negro e o branco. O trailer moi currado é o cume duns contidos bastante elaborados. Gustame especialmente a presentación das fotos cos cursores en forma de pistola, algo sinxelo pero que chama a atención. A verdade é dificil de atoparlle defectos a esta páxina, quizais que sempre se podía completar un pouquiño máis con outras aplicacións. A miña nota para eles 8.5/9.5
Revolucine: Desenho orixinal, que chama a atención e non semella sobrecargado como moitas das webs do tema que nos atopamos en internet. Coherencia entre cor e estilo de letra. Estructura clara e concisa que non nos permite perdernos na rede na procura dun dato exacto. Vexo un defecto a imaxe inicial que nos levará ao index, estaría mellor se fose un loader de espera mentres cargue a páxina, senón é unha perda de tempo inutil na nosa procura. Salientar un banner bastante traballado que chama a atención. Tamén a galería de fotos é de especial mención. Nota 7.5/9.
Maldia: A diferenza de Revolucine creo que akí si que é máis importante a imaxe inicial que nos levara a páxina, pois amósanos o nomee e o logo do grupo, algo que tamén queremos ollar. Desenho moi coherente, con cores e tipografía moi axeitada na liña do grupo. En baase a sinxeleza a páxina ten un menú moi claro e conciso que nos levará exactamente a onde nos queremos. Os contidos sencillamente perfectos, o que nos queremos saber sobre este grupo estará seguro na páxina sen andarse polas ramas. Bo traballo! Nota 8/9.
As tres en punto. Sen dúbida unha das mellores páxinas do presente curso. Tres artistas que fixeron da súa páxina web unha auténtica obra de arte. Deseño único e perfecto que combina a perfección ca personalidade das integrantes, ese estilo retro moi cuidado con tintes actuais, ese xogo de cores que aporta un auténtico pracer visual. En cuanto a funcionalidade máis non se lle pode pedir, clara e directa. Os contidos non se lle poden por ningunha pega e obsérvase neles unha gran carga de traballo, como podemos ollar especialmente nos videos. Falando das aplícacións, a que máis me gusta é ese desplegable -non sei o nome tecnico- da galería de fotografías. En resumo, unha páxina perfecta que vos pode servir de utlididade no futuro. 9.5/10.
6.NEOTERISTAD: Imáxinabame que unha páxina adicada a publicidade ía ter unha deseño máis sorprendente, con un elemento que exercese de enganche cos usuarios, a min gostame a combinación de cores e a tipografía empregada pero utilizaría outro estilo para unha páxina adicada a publicidade. De tódolos xeitos vese unha páxina moi elaborada, con traballo detras, que incorpora elementos novos como o loader de inicio, unha boa forma de esperar mentres carga a páxina. Destacar a boa estructuración dos contidos combinada coa multiplicidade dos mesmos. Nota: 8/9
7.AS DE CORAZÓNS: Tentamos lograr un deseño fresco e que enganchase co público xuvenil, de ahí o logo do rato en forma de corazón. Estructuración simple para un sinxelo acceso as informacións que máis atraigan os espectadores. En base a sinxeleza anteriormente mencionada eleximos as cores da páxina, o branco, o vermello e o negro, todas cunha significación especial. Traballo de contidos creados na súa integridade polos compoñentes do grupo sen coller datos reais. Xogo en flash bastante simpático. Nota 9.
8.Madreselva: Impresionante. Desenho profesional logrando unha cousa moi importante e ao mesmo tempo complicada, a identificación da empresa mediante os rasgos estéticos da páxina. Contidos únicos, con todo o necesario e máis. Como na páxina de Revolucine os banners son algo que aportan un elemento diferencial as páxinas. Neste caso dalle un acabado profesional. Nota:9.5/10
9.M.Gesteira: Desenho coidado en concordancia cos rasgos da empresa. Cores e tipografía apropiadas. Nota:9
10. Chita Fan´s Club: Desenho coherente cos contidos. Unha páxina que transmite visualmente simpatía e frescura. Semella ser moi sinxela pero que cumple perfectamente a súa misión. Os cores son moi apropiados e a tipografía e a idonea. Para o meu gusto sobra a imaxe de entrada de chita, case morro co susto o ver un mono tan grande no ordenador. Encantanme os contidos para pasar un bo rato. Nota:7/8
11.Nesta páxina destacan os contidos -moi ben procurados- sobre a apariencia estética. O desenho, un tanto caótico, non me gosta especialmente por ter demasiadas cores mesturadas. O logotipo faltalle un pouquiño de traballo. Pero os pasatempos por exemplo son elementos elaborados que dan un punto o seu favor polo traballo de realización que estes implican. Nota:7/8
12.Paréceme o deseño máis orixinal e o mesmo tempo o máis arriscado de tódolos. A multiplicidade tipográfica paréceme un acerto, pois a combinación da mesma reflicte a combinación artística de tres persoas neste fenomenal grupo chamado mequetrefes. Menús despregabres que eu non sei facer a día de hoxe e que por iso llo valoro especialmente. O problema e que o desenho é algo caótico e semella complicado a navegación nalgús lugares na procura do desexado. Pese a miña crítica basada nos meus gustos personais, creo que é un bo traballo. Nota:8
13.É unha páxina chamativa en canto ás cores empregadas. O deseño é algo caótico o que dificulta por momentos a navegación. Os enlaces non funcionan aer se se soluciona po lunes, e así podemos desfrutar mellor todos dela. Non sei se pola tipografía ou pola estructuración en sí, fai unha construcción web que semella de fai bastantes anos, nos comezos do desenho de páxinas. Nota: 6/7
14. A verdade é que me quedei sorprendido tamén con esta páxina. Moi elaborada, en desenho pero sobretodo en contidos, en continua coherencia ambos destacando como punto forte a estética adaptada ás persoas. Cores escollidos, animacións flash -como a da baralla-, videos propios do nivel do documental...moi boa idea a de escoller un as para cada tema, pero o mesmo tempo é algo confuso. Nota: 8.5/9.5
15.Como se diría no meu pueblo mola a dios. Bueno, deixando bromas a parte creo que é unha páxina moi elaborada que cumple a perfección o seu cometido. Incluso dá medos. Escasa de contidos escritos non os necesita, e céntranse na perfección estética todo en perfecta coherencia co tema tratado. Nota: 8.5
Comentarios de webs de CAV's
Hace 14 años
É verdade que os contidos destacan sobre a estética, pero xa sabes o que din, importa máis o de dentro que o de fora
ResponderEliminarTANTAS LOUBANZAS DAVID...
ResponderEliminarGRACIÑAS POLA DEFENSA DESTES TRES MEQUETREFES
PERO CREO, QUE EN XERAL, TODOS OS ACONSELLADAS QUE POÑAMOS AS CARTAS SOBRE A MESA E SIMPLIFIQUEMOS NO ACCESO AOS CONTIDOS
UN CONSELLO IMPORTANTE
UN SAUDO
PATRICIA COUCHEIRO